“SE AS ÁRBORES FALARAN” na BPM de Paradela.
O martes 30 de Xullo, celebrouse na BPM de Paradela unha sesión de contacontos a cargo de “Iseo A Moura” que nos relatou a historia de Flora, unha nena que ve como un incendio arrasa con todo o verde do monte, menos coa fraga onde ela vive.
Ela vai averiguar porque a fraga consegue sobrevivir ao lume e o resto do monte non.
As árbores explícanllo coas súas cancións, e tamén son as que lle ensinan de que xeito pode axudar a recuperar a terra queimada.
Unha lección que os nosos nenos e nenas seguro non esquecerán!!