SARABELA TEATRO VISITA VILAR DE SANTOS CON “ISTO NON É UNHA CAIXA”
Onte, mércores 06 de Agosto, Sarabela teatro visitou a BPM de Vilar de Santos coa súa obra “Isto non é unha caixa”.
Tanto nen@s como adultos desfrutamos moito da actuación e xuntos, coa ratiña Sofía, fixemos unha viaxe ata a muralla chinesa procurando a resposta a pregunta de quen é o ser máis poderoso do mundo. Para obter dita resposta tamén visitamos, o espazo, o sol….
Unha tarde moi divertida e amena e unha actuación sen dúbida moi recomendable.






