O Kamisihibai pasou pola BPM de O Pino
A Casa da Cultura de O Pino recibiu onte a visita especial de Juste Kamishibai papel e teatro e do seu espectáculo “Historias viaxeiras”.
Decenas de cativos e cativas do municipio aproveitaron a oportunidade e gozaron con esta nova actividade da iniciativa “Ler conta moito”, na que os presentes tamén formaron parte das historias que relataba o contacontos.





