Pablo Pablísimo na Biblioteca de Vilagarcía de Arousa
Con motivo de promover a igualdade entre os máis pequenos e a sensibilización contra a violencia de xénero, levouse a cabo o contacontos “Príncipas e princesos”, unha sutil e divertida reflexión sobre a igualdade con pregoeiros reais que buscan príncipes rosas e princesas azuis e con trobadores que relatan historias contra os estereotipos.