“A cidade violeta” con Anxo Fariña
Os participantes neste interesante obradoiro aprenderon uns trucos moi interesantes para poder debuxar e descubriron o que ocorría na “Cidade violeta”


Os participantes neste interesante obradoiro aprenderon uns trucos moi interesantes para poder debuxar e descubriron o que ocorría na “Cidade violeta”


Fantástica xornada con Jorge e María, xogando coas letras do abecedario, cantando e bailando a ritmo de pop, hip hop, rock and roll e swing
o luns 26 de agost Pedro Bugarín realizou na biblioteca de Irixoa un Obradoiro de maxia na que os/as participantes aprenderon a realizar trucos de maxia.
O pasado día 22 de agosto Eduvía vías para a educación realizou una sesión de contacontos en igualdade na Biblioteca Municipal de Irixoa na que participaron nenos e nenas de campamento urbano. 
O pasado día 23 tivemos con nós ó mago Pedro Bugarín dentro das actividades pola Igualdade de xénero. Os rapaces/as disfrutaron dun momento moi divertido cunha actividade moi interactiva onde os rapaces participaron e se involucraron na realización dos trucos de maxia. Totalmente recomendable.
O venres 23 de agosto tivemos unha sesión de conta contos onde Filipa nos enredou coas suas historias.

Grazas. Foi moi divertido.
O pasado venres, visitounos Sarabela Teatro e a ratiña Sofía e viaxamos ata a muralla china na
Axencia de Lectura de Oubiña (Cambados).
“Isto non é unha caixa” é un espectáculo máis que recomendable para fomentar a creatividade e a fantasía nos máis pequenos. Pasámolo de maravilla na nosa viaxe!



O mércores 21 de agosto, ás 19:00h, na Bibliopiscina, da BPM de Sober, contamos coa presenza de Iria Iglesias e Dani Viéitez de Estudio Gnomo. Os nenos e as nenas que se atopaban na Piscina Municipal de Sober, puderon desfrutar da actividad =(IGUAL), que pretende concienciar da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiás como as cores, o traballo, os xoguetes ou a roupa.
A actividade comezou con un contacontos, acompañado dunha dinámica onde os participantes debían valorar diferentes situacións, plantexadas por Dani e Iria e rematou cun obradoiro de ilustración.



O Mago Teto encheu o Salón de Actos da Casa da Cultura de Viana do Bolo co espectáculo “As nosas Letras”. O pasado xoves 22 de agosto ao redor de 150 persoas acudiron a desfrutar deste gran mago vianés que abraiu a grandes e pequenos coa súa maxia arredor dos/as grandes escritores e escritoras galegas.


Séguenos