Maxia de catro a catro en Catoira
As rapazas e rapaces de Catoira desfrutaron ca maxia de Pedro Bugarín e aprenderon que o mundo da imaxinación é irrefreable. Tampouco ten límites o mundo real para as nenas e nenos, vivindo en igualdade non existen límites.
Maxia de catro a catro foi un espectáculo que realizamos no auditorio xa que estabamos máis cómodos. Antes realizamos unha visita á biblioteca onde aprendemos o seu funcionamente e polas tardes ao saír da escola iremos a coller moitos libros.