Teatro dos Ghazafelhos en Allariz
Rematamos coas actividades do programa Ler conta moito 2019 coa visita do Teatro dos Ghazafelhos e a súa obra ” A máquina do tempo”.
Dende logo con eles, sempre un éxito garantizado.
Gozamos dunha obra de teatro que nos leva por distintas épocas da nosa historia de unha maneira divertiva e moi participativa e a súa vez moi didáctica. Con Pepablo e Montse, dous grandísimos actores que logran enganchar dende o principio da obra a nenos e maiores.