OBRADOIRO “CÓMO SE FAI UN ÁLBUM ILUSTRADO?” con ESTEFANÍA PADULLÉS en BiblioPazos
Onte venres día 4 de outubro levouse a cabo unha nova actividade en Pazos de Borbén, o Obradoiro de ilustración “Cómo se fai un álbum ilustrado?” impartido pola escritora e ilustradora Estefanía Padullés para os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e que foi organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos.
A primeira sesión tivo lugar ás 11:00 horas para os alumnos de 1º de primaria; e a segunda ás 13:00 horas cos alumnos de 2º de primaria.
O obxectivo deste obradoiro foi o de que os rapaces e rapazas aprenderan a facer as súas propias historias e a convertilas nun álbum ilustrado. Esperamos telo conseguido, polo menos, en parte.






