Obradoiro “Vermella” coa escritora Sabela Losada na BPM “Ramón Suárez Picallo” de Sada
A escritora Sabela Losada visitou a Biblioteca Municipal de Sada cun obradoiro que encantou aos participantes e no que combinou a lectura do seu conto Vermella cun xogo posterior de preguntas que deron pé ao debate sobre temas coma os prexuízos asociados á menstruación ou actitudes sexistas con relación ao deporte.