Contando números, cantando cores con Pablo Díaz na Biblioteca Central de Cambre
O mércores día 9 compartimos na biblioteca contos e música pola igualdade.




Contos dramatizados foron dando paso a diferentes ritmos musicais. O libro dos porcos, O Gato lambón, Orellas de bolboreta, Os de arriba e os de abaixo, Chivos chivóns… ata formar nenas, nenos e maiores unha Orquesta de animais!
Magnífico, coma sempre, Pablo Díaz trouxonos un feixe de cancións do seu repertorio musical para pasar unha tarde moi divertida. E tamén bailamos!




