“BE WATER!” con Vicente Mohedano en BIBLIOPAZOS
Estupenda actividade de divulgación científica a que tivemos na mañá do luns 14 de outubro no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, enmarcada na programación de LER CONTA MOITO e organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos.
Vicente Mohedano do Colectivo m=!!! – Peripeciencia nos fixo pasar un bo rato co seu espectáculo “BE WATER”, e ademais aprendimos moitas cousas sobre a auga e a súa importancia para a vida no noso planeta.
Cunha alta dose de show didáctico, coa plena participación do público e con apoio audiovisual e experiencias in situ Vicente Mohedano foinos ensinando o que é a hidrólise, os vasos comunicantes, a osmose inversa… e moitas cousas máis… todo combinado con dramatizacións e coa participación moi activa dos rapaces e rapazas asistentes ao evento.
Participaron os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria do CPI”Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi.









