Coeducamos?
Onte en San Sadurniño, ante pais e nais do programa do Concello “Espazo de Familias”, houbo unha charla impartida por Ramón Torrente ( Andamiaxe Innova) co seguinte título:
Coeducamos? É unha actividade dirixida as familias co obxecto de concienciar na importancia de educar en igualdade dende o fogar. A proposta de traballo pretende ofrecer pautas educativas claramente definidas, destinadas a optimizar a educación en igualdade. Así mesmo, resaltar o papel socializador da familia (nas súas diferentes estruturas organizativas) para optimizar o desenvolvemento integral das nenas e nenos.