En Catoira espantamos os medos coa axuda de Inacio Vilariño
O sábado 26 de outubro iniciamos en Catoira as celebracións de Samaín cun espectáculo de Inacio Vilariño, de Fantoches Baj. En “Espantamedos” este magnífico artista conta, canta, toca e baila para mostrar á rapazada que detrás dos nosos medos hai sempre unha explicación e que, coñecer eses motivos pode axudarnos a superalos. Foi un espectáculo do máis divertido, que mantivo ao público cos ollos e as orellas ben abertas.





