A o encontro de Martín Códax


Grande participación de nenos/as na biblioteca pública de Taboada neste espectáculo de cantigas de Martín Códax coa súa música orixinal.


Grande participación de nenos/as na biblioteca pública de Taboada neste espectáculo de cantigas de Martín Códax coa súa música orixinal.
Juste narrou contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias que escenificou é a fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos”, da autora Gemma Lienas, que autorizou á compañía Juste Kamishibai, papel y teatro para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación foron os despregables Pop-Up e o teatro de papel.

Hoxe visitounos en Bergondo Yolanda Castaño coa súa actividade “Muller, poeta, en galego.. e polo mundo!
Os preto de 140 escolares de 2º, 3º e 4º de secundaria participaron das contadas de Yolanda sobre o seu traballo, quen o realizou dunha forma moi amena , tan importante para a rapazada. Destacable a labor que fixo, afondando no pensamento crítico da rapazada en relación ao tema da igualdade de xénero.



O sábado 5 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación de Raquel Queizás, presentando a súa obra: “Somos iguais. Contos pola igualdade”, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Un contacontos, que contou cunha boa afluencia de nenos e nenas, na que Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.
O luns, 7 de outubro, esperábamos cunha enorme expectación a chegada dos ratiños dede Lonxedetodo á biblioteca de Santa Cruz, porque a todas e todos nos gustan moito…
Unha actuación magnífica dos ratiños da compañía Trinke Trinke, neste caso cunha inmellorable posta en escea que levou a todo o público ata a casiña do ratiño ao que atopamos moi atarefado facendo unha tarta porque iba a ter visita, tiña tamén que limpar a entrada da casa e un montón de cousas máis porque a súa amiga Faifá chegaba desde moi lonxe. Esta contounos un conto sobre un neno ao que lle gustaba moito bailar claqué e despois contoulle a Fuco que tiña que facer unha obra de teatro sobre o conto do ratiño presumido para o que pediron a colaboración dos pais e nais presentes na sala. Que por certo todo hai que decilo eran perfectos profesionais da escea.
Un contacontos para romper estereotipos. Os nosos estudos, as relacións sociais, o traballo son aspectos da nosa viva moi estandarizadas con respecto ao sexo, esa discriminación da muller da lugar a situacións verdadeiramente non saudabeis e case sempre son o xerme da violencia de xénero na sociedade.


Rematamos cantando e bailando tadas e todos

Escoitamos un conto non discriminatorio

Na biblioteca de Camariñas sucedeu un espantoso crime que Manuel e o grupo de “biotecnólogos” locais resolveron con moita profesionalidade.
A actividade desenvolveuse dun xeito moi fluído. Os participantes convertíronse en detectives e científicos, participaron activamente e divertíronse, ao mesmo tempo, recibían unha valiosa información de carácter científico.

A través de ferramentas tan diversas como cancións de reggaeton, a publicidade, noticias da prensa etc. Eli Rios fíxonos reflexionar sobre a igualdade de xénero e a diversidade sexual.
Ficamos encantadas de ter a esta autora na biblioteca!

Os nenos de Vilasantar crearon ovos de conto con plastilina feita por eles.
Estefanía Padullés ensinoulle os nenos de 6 de primaria como se facía un albún ilustrado. Cales son as partes dunha ilustración e os pasos a seguir se queremos adentrarnos nesta arte creativa. A idea, as secuencias de imaxes o bocadillo, etc todo un mundo apaixoante do que disfrutaron os nenos de 6º de primaria.

O martes 1 de outubro visitounos Juan para achegarlle ós nenos de 8 e 9 anos o sistema solar. Para elo apoiouse no traballo desenvolto polas mulleres na ciencia astronómica.


Séguenos