“A Historia en Feminino”Ler Conta Moito – Igualdade
Tarde para aprender e desfrutar, das distintas historias de distintas mulleres (músicas, deportistas, científicas…) que nos presentan dende Lisístrata na axencia de lectura municipal de Castrelo.


Tarde para aprender e desfrutar, das distintas historias de distintas mulleres (músicas, deportistas, científicas…) que nos presentan dende Lisístrata na axencia de lectura municipal de Castrelo.


“1!2!3! A que non o ves?”, este é o nome da actividade ca que cativos/as e acompañantes gozaron na tarde do xoves 3 de outubro na Biblioteca.
A protagonista da historia foi unha exploradora que dende nena tíñalle moito medo os monstros, pero agora que xa é maior decide ir en busca deles percorrendo diferentes paises nos que lle suceden historias moi divertidas.

O xoves Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro, extendeu a súa alfombra máxica na Biblioteca M. Os Templarios e compartíu con todos os nenos e nenas que se achegaron un universo de sensacións: xogaron nun campo de libre experimentación para o o tacto, a vista, o oído e o olfato.

Desde os tempos de Sherlock Holmes a investigación policial cambiou moito. Existen novísimas ferramentas para resolver os roubos e crimes máis retorcidos e iso foi o que puidemos comprobar na nosa biblioteca o mércores: unha nova maxia, a “maxia” da biotecnoloxía!


O pasado mércores día 2 de outubro na ALM de Oubiña, tivemos a sorte de desfrutar dunha tarde espectacular de maxia con Leo Leíño. Foi unha tarde máxica, con música e chistes que os máis pequenos disfrutaron participando en todo momento. Leo fai da maxia unha diversión e conecta co público dunha maneira increíble. Actividade totalmente recomendable.

No espectáculo de Tremola Teatro os adultos puidemos gozar da historia de Branca Neves desde unha nova visión, esta obra mestura recitais poéticos, cancións, sarcasmo e tamén drama e todo iso desde unha perspectiva feminista.


O pasado 28 de setembro dentro do programa “Ler conta moito” visitounos Eduvia con “Bibliocanta”
Unha actividades maravillosa para que as nenas e nenos se acheguen ao cancioneiro tradicional galego á vez que saborean e desfrutan das cancións propostas, permitindo recuperalas e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións, transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.


O pasado 21 de setembro chegou O Rosal, “Xogando coas palabras” da man de Javier Muro,, cunha actividade espectacular, dende a maxia e a fantasía dos nenos, onde participan de magos improvisados, espertando a curiosidade e invitándoos a participar, sin poder evitar sumerxirse na fantasía dos contos e personaxes improvisados das narracións.

Hoxe xoves 3 de outubro visitaron a biblioteca as nenas e nenos de 3º de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz.
Xogar é moi divertido! Xogando imaxinamos, rimos, pero… o xogo pode nun intre converterse nun pesadelo. Poden abrollar as malas palabras, insultos ou afrontas, esas cousas que nos fan sentir tan pequeniñ@s. Sen querelo, unha das nosas protagonistas fará tan pequeniñ@s aos seus amig@s que chegarán a desaparecer E agora? Como se sentirá ela, pequena ou grande? Como pode lograr que reaparezan?


Foi unha tarde divertida a de onte en Darbo. Tivemos a visita de Polo correo do vento, que nos acercaron dun xeito ameno e didáctico á figura de Maruja Mallo. Enrique Mauricio contounos a súa biografía á vez que Carlos Taboada fixo unha caricatura da artista. Ó finalizar os asistentes puideron facer as súas propias caricaturas, que quedaron moi orixinais.


Séguenos