Actividade sobre Picasso na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Onte, tivemos o pracer de gozar dunha actividade didáctica ao mesmo tempo que divertida. A rapazada participante estivo inmersa no mundo de Picasso durante o seu desenvolvemento. En primeiro lugar tiveron ocasión de visionar unhas imaxes sobre a vida do artista e sobre a súa obra xa, máis tarde pasaron á parte práctica e seguindo as instrucións dos monitores conseguiron facer e pintar unhas figuras cubistas en cartolina que puideron levar para as súas casas. A actividade foi un éxito e todos os participantes saíron moi contentos.
Séguenos