Charo Pita na Biblioteca Central Municipal “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Na tarde do mércores, día 23, os cativos e cativas de Arteixo puideron gozar dunha tarde divertida na compañía dos seus pais e nais por conta de Charo Pita. A actuación, “Dondondirindonga e Dondondirindón” espertou a curiosidade dos asistentes. Dondondirindonga e Dondondirindón son dúas campás que viven no alto dunha torre. O mundo todo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?
Esta representación, chea de sons, fixo que os participantes non perdesen o fío da historia que Charo lles transmitía con moita paixón, resultou un éxito e pasaróno todos moi ben.
Séguenos