O Mago TeTo na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Este xoves día 29, estivo na nosa Biblioteca o Mago Teto co seu espectáculo “A maxia dos contos”. Neste espectáculo mistúrase a narrativa de contos e xogos de maxia. A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.
Houbo unha gran afluencia de rapazada que gozou dunha tarde chea de maxia e contos.