David Merelas na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo.
Este xoves, 8 de outubro, David contounos “A verdadeira historia de Hamelín”. Clown, malabares, participación do público e moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico “O frautista de Hamelín”.
Unha adaptación contemporánea deste clásico fixo que os nenos se divertisen e gozaran dunha hora de risas e bos momentos:
“A aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de estraños seres que fan bromas sen fin aos seus habitantes, cando un excéntrico personaxe fai a súa aparición”.