En Cee “No Verán LER tamén CONTA MOITO” con María Faltri e Jorge Juncal

Divertido e ameno musical o que nos brindaron Jorge Juncal e María Faltri, na mañán do luns, día 3 de agosto, co seu espectáculo “Soñando inventei”, formando parte da programación cultural do Agosto Cultural. A actividade resultou ser un concerto moi dinámico e transformador, no que a través da escolla de cancións os artistas van traballando o tema da diversidade e a igualdade de xénero, acadando unha moi boa interacción co público, sobre todo cos máis cativos.




