“Paxariños” con Trinketrinke Teatro na Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo
Onte gozamos dunha tarde de contos na Biblioteca, Lilí Gruyére ten un xardín, turelí… No xardín hai un niño, tureló… No niño hai un ovo, turelí… Lilí espera que dese ovo naza un paxariño e organiza todos os preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible.
As crianzas participaron activamente na actividade