Os contos do chupete de Migallas Teatro na BPM de Noia
Onte cativos e adultos gozamos dun espectáculo onde Migallas Teatro cantou e contou tres contiños.
Os pequenos cantaban e interactuaban cos artistas dende os seus asentos. Incluso algúns fixeron de bailaríns cando soaban as súas cancións favoritas…
Unha actividade recomendada sen dúbida, onde os nenos (e non tan nenos) aprenden valores gracias á maxia dos contos.