Xoán Curiel abre o programa Ler conta moito na Biblioteca M. Os Templarios (Cambre)
A Biblioteca Municipal Os Templarios, de Cambre, abríu a temporada de actividades do programa “Ler conta moito” coa actuación do músico Xoán Curiel. O cantante fixo unha amena presentación de Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) e Carvalho Calero (Letras Galegas 2020) adecuada ao pùblico infantil que disfrutou e participou tamén activamente desta sesión. Grazas, Xoán, e grazas aos participantes que se animaron a romper o xeo nesta primeira sesión!