Utopías en San Sadurniño

3 de outubro . Sábado ás 18:00 horas.
“Utopías” é un espectáculo dirixido a público familiar con nenas e nenos de 3 anos en diante que combina a narración oral e a manipulación de
obxectos. A través de diversas historias fumos descubrindo mundos invisibles poboados por ratos na procura de novos camiños, nenas que soben e baixan escaleiras e parrulos, moitos parrulos que nos acompañaron durante case unha hora de aventuras.
O espectáculo é unha montaxe da compañía Xarope Tululú, especializada en pezas de pequeno formato para a rapazada que, no caso de San Sadurniño, está programada dentro do ciclo “Ler Conta Moito” da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. No escenario tivemos como narradora á actriz Atenea García, encargada de trasladarnos aese universo utópico e fabuloso.





