Seguimos con Harry Potter na biblio de Mugardos
Esta vez, nunha actividade de escape room na que tentaríamos axudar a Harry e a Hermione a fuxir. Mais o camiño non foi doado, os rapaces/as tiveron que resolver acertixos, atopar pistas e pensar na forma de empregalas de xeito útil… Toda unha aventura a contrarreloxo!