A Fraga do meu avó na Biblioteca Rego da Balsa.
A Fraga do meu avó é un conto cheo de historias concorridas nunha fraga. Este é un lugar cheo de árbores, vida, maxia, poesía, bichos e animais que queren vivir e ser felices na súa casa, pero transcorren diferentes problemáticas como a deforestación, a falta de reciclaxe e o coidado do medio que dificultan a estes seres vivos a vivir con normalidade.
Trátase dunha actividade que nos conciencia a través das cancións e da poesía dos diferentes cambios que deberían de ser precisos para rematar co malestar dos bosques.