Actividade de “O lobo bobo” na BPM de Noia
O pasado venres tivemos na nosa biblioteca o espectáculo de “O lobo bobo” da man da compañía “Elefante Elegante”. O artista Gonçalo demostrou durante toda a actividade unha profesionalidade innata versionando contos clásicos para adaptalos aos nosos tempos. Tanto cativos coma adultos se entretiveron coa función e saíron cun sorriso da actuación.
Actividade moi recomendada!