Rescate na Biblioteca
O sábado 3 de Outubro ás 11:00h., Antía Yáñez levou divertimento á Biblioteca Pública Municipal “Xerardo Díaz Fernández”, conxugando coñecemento e habilidade a través dun xogo de pistas agochadas nas distintas seccións da biblioteca, propiciando que a asistencia sexa moi activa nesta actividade na que se unen pedagoxía e lecer.