Gloria Mosquera e Tomi López na ALM de Carnota
O pasado venres, 23 de outubro, Gloria Mosquera e Tomi López viñeron encher de música a ALM de Carnota con Patrimonio natural, un espectáculo musical que recolle algúns dos temas do último traballo de Mamá Cabra, A fraga do meu avó.