Laboratorio de cambio climático na Biblioteca de Culleredo
O día 28 de xullo tivemos na nosa biblioteca de O Burgo a Manuel Vicente con “Laboratorio de cambio climático”. Os rapaces aprenderon a importancia de coidar e cómo utilizar o que temos no noso planeta para non deterioralo máis. Con preguntas moi interesantes, proxección de noticias ao respecto e algún caso práctico… saíron concienciados que coidar o planeta depende de todos.