O Paroleiro en Palmeira
O pasado sábado, 14 de agosto, tivemos unha magnífica sesión de contos en Palmeira.
Pablísimo co seu “Paroleiro” estivo ás 20.30 h na pista deportiva do porto de Palmeira, e como é amigo de parolar e laretear, falar e contar encheunos a tarde de marabillosas historias. De que cor son os zapatos do ratiño? As nenas e nenos contestaban ata saber que o importante é que todas as cores son as mellores; quen coñece o conto dos “Tres porquiños”? Todos os nenos e nenas contestaron e axudaron a contar… E así contamos e aprendemos nunha preciosa tarde verán.
Ao rematar os nenos e as nenas que asistiron á representación levaron un libro cadaquén como agasallo.
Ler Conta Moito!