“Pitusa Semifusa”, de Olga Brañas na BPM de A Guarda
“Pitusa Semifusa” de Olga Brañas é un espectáculo a dúo (voces, piano, pandeireta) moi participativo coa cativada. E quere aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos dun xeito moi divertido.
Nenos, nenas e familias disfrutaron dun espectáculo musical no que non paraban de pedir outra, outra, outraaa!!
O disco está a disposición de todos os lectores na Biblioteca para que poidan gozar sempre desta música.