A MAQUINA DO TEMPO EN PONTE CALDELAS
Onte a tarde ás 19:00h da tarde tivo lugar na sala de exposicións da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas e organizado pola Biblioteca Municipal a través do Ciclo Ler conta moito, a actuación “A máquina do tempo”. Quedaron encantados todos os alí presentes desta maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de adentrarnos no mundo da historia, comezando pola prehistoria e rematando pola Idade Moderna. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes que aconteceron na historia da humanidade. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.