David Merelas- “A verdadeira historia de Hamelín” na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC das Fontiñas
O martes, 7 de setembro do 2021, no CSC das Fontiñas recibimos a David Merelas, que levou a cabo unha actuación moi entretida na que procurou obter a complicidade dos asistentes facéndoos partícipes da mesma. O recurso ao clown e os malabares enriqueceron esta orixinal adaptación do conto popular “O frautista de Hamelín”.