A biblioteca que viaxaba no tempo visitou Cambre
A Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu este xoves 23 unha actividade para as nosas usuarias e usuarios máis cativos: “A biblioteca que viaxaba no tempo”, un contacontos a cargo de Olga Abad que animou a tarde das familias coa historia de tres amigas que se xuntan para ler no alto dunha montaña.