Tecendo soños con Esperanza Mara na Biblioteca de Silleda
O pasado día 17 de setembro tivemos a oportunidade de pasar unha boa tarde amenizada por Esperanza Mara coa súa actividade de arrolos e cancións para bebés de 0 a 3 anos, acompañados de estimulación sensorial. Actuación innovadora con moi boa acollida por parte de nais e pais.