Trémola Teatro iluminounos co seu espectáculo BRILLA – BRILLA
O pasado vernes 24 Trémola Teatro iluminou as caras dos cativ@s noieses co espectáculo BRILLA – BRILLA. A través da imaxe alumeada das artistas, @s cativ@s gozaron dun espectáculo sensorial onde descubriron a historia da estreliña Vela, que non aprendera aínda a brillar. Coa axuda da súa amiga Lyra e da presenza do público intentaron facela relucir… Podedes descubrir se o conseguiron mirando as imaxes!