Anxo Moure conquista o corazón da cativada de Boqueixón

A B.P.M do Forte vivíu un auténtico día de festa para celebrar o Dia da Biblioteca (24 outubro). O contador de contos Anxo Moure recibíu ao grupo, de case 30 participantes, na súa particular bicicleta, facendo aínda máis emocionante o momento.
Coa axuda de nenas e nenos, este singular fabricante de corazóns, reciclou as malas noticias de violencia de xénero, de machismo e desigualdades para fabricar uns fermosos corazóns de papel reciclado cos que erradicar nos nenos e nenas de Boqueixón estes grandes males.




