Elba e Marcos e os xoguetes encantados na Biblio do Pereiro
A Elba e Marcos non lles gusta moito compartir os seus xoguetes como lles pasa a moitos irmáns pero tod@s sabemos que iso non está nada ben e por iso, os seus xoguetes cobraron vida no Pereiro para ensinarnos unha importante lección: compartindo divertímonos tod@s.
Os amigos de Duende Sico fixeron as ledicias dos nenos cos seus monicreques Elba e Marcos, que pasaron unha divertida tarde.