Debulendo lendas…galegas en Ponteareas
Tarabelos ensinou lendas galegas as nenas e nenos de Ponteareas. Con unha mistura de debuxos, lectura e narración oral, os 22 asistentes a este contacontos puideron descubrir, debuxar e aprender moitas lendas de Galicia. O público infantil o pasou moi ben, tanto é asi que casi ningún cativo/a foi o baño durante o tempo que durou este contacontos. Os comentarios e a enquisa que se fixo despois desta actividade, nos indica que a maioría destes nenos/as volverían a asistir, e os indices de satisfacción foron moi altos. O tema das lendas galegas gustou moito e ademais axuda a coñecer Galicia dunha maneira lúdica e didáctica o cal e interesante as estas idades.