Miña casa, meu lar… con Caxoto en Noia!
O pasado venres 30 tivemos a visita de Caxoto que, para esta actividade, sacou praza de barrendeiro municipal e viña feito todo un experto en xestión de residuos. A través das súas experiencias aprendemos a importancia da reciclaxe, de reducir o consumo e do considerable que é manter limpo o planeta: comezando dende as nosas casas ata as mesmas beirarrúas.
@s nen@s asistentes ao contacontos aprenderon a importancia da reciclaxe á vez que desfrutaban da narrativa de Caxoto.