Aprende a ler en voz alta, aprende a contar, na BPM de Narón
O pasado venres 7 de outubro a Biblioteca Pública Municipal de Narón recibiu a Damián Alonso co seu obradoiro Aprende a ler en voz alta, aprende a contar, unha actividade para maiores de 16 anos coa que reforzar as nosas habilidades para falar en público e contar historias.
Durante hora e media as participantes coñeceron as ferramentas básicas para chegar a ser unhas boas contadoras de contos. Tanto é así que pode que algunha se anime a facer algunha actuación na propia biblioteca!!





