“O mundo da dobraxe”
O Obradoiro “O mundo da dobraxe” resultou todo un éxito. Ademais de explicar á rapazada participante en qué consiste a dobraxe dun xeito ameno e divertido, a sesión foi moi participativa, involucrando aos nenos e nenas que tiveron a ocasión de dobrar un fragmento dun episodiro de “Bon Esponxa” ao galego. En resumo, a actividade cumpliu con creces as expectativas do público asistente, que ao final viu o resultado do traballo en equipo, con esta sesión de dobraxe, un apartado das artes da comunicación audiovisual que merece ser coñecido e recoñecido.