Picasso en Culleredo
Os cativos de Culleredo conmemoraron o Ano Picasso cunha divertida e maravillosa actividade. Foi na Biblioteca Municipal, sita no lugar de O Burgo, o día 11 de maio. Despois de percorrer a infancia na Coruña do artista, e tamén coñecer as diferentes etapas da súa pintura, fixeron figuras de cartolina de estilo cubista, e foi xenial!