E ti, que queres ser de maior ?
O
O venres 2 de xuño Paula Regueiro, de Trémola Teatro, estivo na biblioteca de Sober có seu espectáculo E ti, que queres ser de maior ?
Este contacontos está protagonizado por Yoli, unha nena que quere escoller a súa profesión , ser camioneira e percorrer o mundo enteiro. Un espectáculo pola igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, realizado dun xeito lúdico , aportando moitos coñecementos sobre mulleres que destacaron nas súas profesións. Moi recomendable. Encantounos a tod@s. !!