Reduce, reutiliza e recicla co Raposo Rufo
O venres 7 de xullo estiveron en Sober Dani Viéitez e Iria Iglesias. Presentaron aos nenos e nenas do campamento de verán a súa proposta “Reduce, reutiliza e recicla co Raposo Rufo”. Contacontos sobre o coidado do medio e a reciclaxe, no que Rufo e os seus amigos amósannos por que debemos coidar o medio ambiente e como facelo, destacando a importancia e necesidade dese labor . Foi un obradoiro moi ameno e divertido.