ESCÁNDALO NA BIBLIOTECA (de BATUCADO & EMUSIN)
O día 26/07/2023 de 11:30 a 12:30 h. na Biblioteca municipal Segundo Gil Dávila de Arbo tivo lugar a actividade de escapismo “Scape Room” na que 23 nenos e nenas de nove a trece anos de idade, participaron nunha dinámica de adiviñanzas na que tiveron que ir resolvendo acertixos mediante a apertura de mochilas con pistas agochadas por todo o espazo da biblioteca e mediante notas escondidas e coladas nos estantes e libros. A dinámica tiña como obxetivo principal concienciar aos cativos sobre as consecuencias do uso dos adxectivos despectivos cara a outros compañeiros. Non houbo gañadores, xa que no final do xogo a animadora deulles unha interesante explicación sobre o que fixeron e sobre a importancia de reflexionar e pensar ben antes de usar certos adxectivos que poidan ferir a sensibilidade de compañeiros.