Contábanmo na casa
O día 12/07/2023 de 11:30 a 12:30 h na Biblioteca Municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade de contacontos infantís centrada nos contos que tradicionalmente contaron os avós aos seus netos, pero neste caso introducindo un aspecto teatralizado moi entretido para os cativos, que estiveron moi atentos e interactuaron moito co artista, cantando e tararexando ao seu carón sen perder o fío dos contos, que os tiveron moi entretidos durante a hora de actuación. O artista, a pesares de ser de orixe asturiano, fala un galego moi rico e cheo de matices, cun vocabulario moi ben recuperado que nos traslada a eses contos de avós de un xeito moi lindo. Ademais, consegue que os cativos participen a través de preguntas e respostas que achegan aos meniños ó mundo dos contos tradicionais. A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.30 h; acudiron un total de 37 nenos e nenas de seis a trece anos de idade.