

Que ben o pasamos o sábado 16 de setembro, con Trécola teatro e o seu contacontos “O Tesouro”.
Xenoveva e Valentina viaxaron polo mundo adiante e na súa busca coñeceron a Xan, Bieito e Teresa, uns nenos moi especiais que xogaron no mesmo parque, tamén pasaron polo mundo de Monstro Rosa e por outros moitos lugares. Os rapaces e maiores desfrutanron da nosa biblioteca, un lugar privilexiado para escoitar e ler.