‘Debuxando un conto’ con Estefanía Padullés
O sábado 23 de setembro, a Biblioteca Municipal da Estrada recibiu a visita da autora e ilustradora de álbumes ilustrados Estefanía Padullés, quen impartiu o seu contacontos-obradoiro ‘Debuxando un conto’, no cal estivo acompañada polo gato Klops, protagonista dun dos seus álbumes.